Samuel Northcoast - Era mediados de Outubro cando nos atopamos con Makako na costa sur de Galicia, non foi un gran día de ondas pero estivemos pensando ir botar un ollo a esta onda tan caprichosa.

Temos un potencial que pouco apreciamos pero que pouco a pouco todos irán vendo de outras formas - David Rodríguez 2014©

Un slab onde a selección é casi o máis importante - David Rodríguez 2014©
Falei con Angel fotosplino co que tamén levamos tempo esperando facerlle unha visita ao spot e apuntáronse ao momento. Houbo sorte e a seguinte semana entrou un bo parte de ondas, así que preparamos todo un pouco e xuntámonos un pequeno grupo para a batida na procura de ondas.

Cores pouco vistas pola nosa costa - David Rodríguez 2014©

O spot coas primeirs raiolas de sol - David Rodríguez 2014©
Cando chegamos ao primeiro lugar desde onde se podía ver a onda, xa nos atopamos coa boa sorpresa de que Makako xa estaba na auga collendo bombas en compañía de Chamux que viñera desde Asturias a noite anterior. O pico tenia bo pinta así que arrincamos sen pensalo cara abaixo.

Mirando o pico a primeira hora e preparando a baixada - Irene Aneiros

Cargados ata arriba pero con gañas de comezar a sesión - Irene Aneiros
A baixada leva o seu e só apta para os que de verdade queiran vivir esas sesións, despois dun intre baixando os rider e Angel marcharon cara a un lugar para saltar á auga mentres nós o equipo de terra aínda non quedaba unha boa pateada até o lugar para fotografía.

O grupo preparandose pra entrar na agua - Irene Aneiros
A verdade é que tivemos moita sorte, xa que era un gran día na nosa costa, bo tempo e ventos terrales frouxos que son algo bastante escasos por aquí. Cando chegamos ao lugar para fotografar Cesar e Julian xa chegaran desde porto coa moto e xa estaban a chegando os riders ao pico.

Unha onda solitaria - Irene Aneiros

Un lugar especial e caprichoso que moi poucos saben apreciar - Ángel Fotosplino
A sesión estivo moi ben, dando bos tubos para todo o mundo, onde riders deron un gran espectáculo probando sorte no profundo desas cavernas do norte galego.
A sesión estivo moi ben, dando bos tubos para todo o mundo, onde riders deron un gran espectáculo probando sorte no profundo desas cavernas do norte galego.

Cristian Pérez - Ángel Fotosplino

Makako baixando as series dende ben atrás - Antonio Diaz

Iván Taboada nunha boa onda - Ángel Fotosplino

Andrés Manso - Antonio Diaz

Hugo Sánchez - Ángel Fotosplino
A xente estivo cómoda dentro do que se pode estar nestas condicións e así ir colléndo o punto a un lugar tan pouco visitado. Esperemos que aos poucos este tipo de onda véxase algún dia doutra forma, estamos a empezar a ver o potencial que hai en Galicia e a saber quitarlle partido.

A onda ten unha segunda sección que te deixa sen palabras - Ángel Fotosplino

Andrés Manso - Irene Aneiros

Cristian Pérez disfrutando dun deses profundos tubos que fixo - David Rodríguez 2014©

Daniel Suárez - Antonio Diaz

Makako desfasando - Ángel Fotosplino

Rafa Melero - David Rodríguez 2014©

Andrés Manso disfrutando dun buen tubo - Angel Fotosplino
Como sempre houbo algún bo susto pero nada grave, algunha comida na boca dunhas series perdida ou o señor Daniel Suarez índose co beizo nunha boa bomba.

Daniel Suárez ao límite baixando co beizo da onda - David Rodriguez 2014©

Andrés Manso forzandolle nas baixadas - David Rodriguez 2014©

César Sánchez haciendo un "cesar" - David Rodriguez 2014 ©
O equipo de tow in estivo a coller algunhas series coa moto para ir quentando pra esta tempada, pillaron algúns bos tubos e algunha boa comida que nunca está de máis para ir quentando, tamén tentaron meter algúns corcheros nalgunha bomba.

César Sánchez ben profundo no tubo - Angel Fotosplino

Julian González practicando pra este inverno - David Rodriguez 2014©

Hugo Sánchez baixando unha a tow in - David Rodriguez 2014©

César Sánchez dende moi atrás - Irene Aneiros

Hugo Sánchez ben profundo coa axuda da moto - Irene Aneiros
O día foi pasando e a onda bombeaba boas series, por sorte o tempo mantívose constante durante toda a sesión, nós en terra mesmo preferiamos un pouco máis de aire, xa que non se soportaba a calor no cantil.

Cristian Pérez facendo o escorpión antes de meterse nun bo tubo - Carmen

Makako baixa as primeiras luces do día - David Rodriguez 2014©

Rafa Melero baixando unha das series - David Rodriguez 2014©

Cristian Pérez baixando un bo pico - Angel Fotosplino

Makako a punto de entubar nunha boa sección - Carmen

Julian González - Antonio Diaz

Andrés Manso baixando polo aire unha bomba - Angel Fotosplino

Rafa Melero jugandosela con la secion - Angel Fotosplino

Cristian Pérez no tubo - Angel Fotosplino

Ángel fotosplino - David Rodríguez 2014©
Todo un pracer poder colaborar pra este artigo con todos estes grandes artistas da fotografía, tanto os que se xogan o equipo na auga como a todo o equipo de terra formado por Irene Aneiros, María Almeida, Antonio Diaz, Carol Montero e Carmen que se tivo que dar a boa pateada para poder fotografía a sesión.

Costas infinitas que gardan mil e un segredo - Irene Aneiros

No hay comentarios:
Publicar un comentario